Bienvenido/a
EQUOgalicia
slogan
É o momento da ecoloxía, é o momento de ter no parlamento galego xente que defenda con orgullo a política verde en Galicia.
A maioría da cidadanía Galega vive do medio ambiente e no medio natural. Consideramos que a defensa do mesmo é a defensa da nosa identidade de Vida e a defensa do que fai que Galicia sexa o que é. Galicia é Verde, Galicia son os soutos e as fragas, os rios e os vales, as praias e as rías. Non podemos seguir vivindo de costas ao medio ambiente, debémolo defender e convivir en harmonía con el.
Os novos Retos tras o Covid-19 | ![]() |
Soubemos arrimar o ombreiro cando máis se necesitaba. Cumprindo o confinamento, coidando dos nosos familiares e apoiando e axudando ás nosas veciñas. Demostramos que como sociedade estivemos á altura. Nos hospitais, supermercados e fábricas, as traballadoras deixáronse a pel polos demais, incluso as tendas de barrio alimentáronnos adaptándose e innovando. Agora tócanos decidir o futuro que queremos para Galicia nos próximos anos. Hai alternativa a seguir nunha liña de explotación irracional dos recursos. Debemos xestionalos de maneira sostible que ademais poña en práctica ideas innovadoras para acometer a reconstrución económica xusta e sostible no tempo. | |
![]() | |
Os bloques políticos de sempre | |
Non estiveron á altura. Incapaces de poñerse de acordo nos momentos máis difíciles, quedáronse na crispación e o reproche. Non permitamos que o seu conformismo e a súa falta de visión, nos condenen a saír desta crise máis desiguais, con máis división e menos oportunidades. |
slogan
A pluralidade no parlamento enriquece a política.

A nosa capacidade de chegar a acordos e coalicións que sempre nos caracterizou en Galicia, en proxectos como AGE e en Marea, é un garante da nosa disposición de traballar buscando consensos coas maiorías parlamentarias. Pero é o momento de presentar unha candidatura en solitario que poida representar ás persoas que buscan unha opción sostible, ecoloxista, decrecentista, feminista e da loita na defensa dos dereitos dos animais. Unha opción coa valentía de comprometernos firmemente en loitar contra a emerxencia climática que padecemos e que outros partidos soamente defenden en campaña electoral. | Agora traemos novas solucións para este novo tempo, inspiradas na visión de futuro dos partidos verdes que xa gobernan en moitos países de Europa. E coa vontade de dar voz ás iniciativas innovadoras que a cidadanía galega xa está demandando. |
Candidatas
![]() | Alberto Prieto (A Coruña) Nacín, medrei e vivo na Coruña. Son Enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos pola Universidade da Coruña. Entusiasta seguidor das causas medioambientais e comprometido cos ideais da democracia directa e as prácticas éticas dende as administracións e gobernos. Participo do activismo en distintos movementos e iniciativas ecoloxistas da Coruña. Apoio tamén a movementos por unha mobilidade sostible nas cidades, en prol do tren convencional, público e social, e o uso da bicicleta. |
![]() | Susana Mariz (Lugo) Son educadora, nai, ecoloxista e loitadora feminista. Durante moitos anos dediqueime á miña familia como moitas mulleres. Considérome unha persoa ca cabeza no ceo pero os pés na terra. Creo que se queremos un futuro, o presente ten que ser verde e cooperativo. Esforzareime para crear unha sociedade máis xusta e sostible. |
![]() | Nestor Vázquez (Pontevedra) Son Profesor de Formación profesional, rematando estudos de Educación ambiental. Activista medioambiental e membro de diversas cooperativas e de asociacións de custodia do territorio. O respecto ao noso medio ambiente debe ser o eixo central que deseñe as nosas políticas económicas, urbanísticas, industriais e educativas. A sociedade civil está a liderar e reclamar un cambio hacia unha sociedade máis colaborativa, máis xusta, máis sostible e máis feminista. E sobre todo, a loita contra o cambio climático é inaprazable. |
ReconstruccionVerde
En EQUO Galicia, cremos que aproveitando todo o aprendido durante esta crise podemos saír mellores. ¡Fagamos realidade a reconstrucción verde e xusta da que somos capaces como sociedade! |
|
| |
|
Colabora
Colabora con EQUO Galicia. Reverdece o Parlamento!
A EQUO Galicia non nos financian os bancos, contamos exclusivamente co apoio da cidadanía para levar a cabo a nosa campaña electoral. A cidadanía Galega xa demostrou estar á altura das circunstancias, pero cun empurrón máis podemos lograr que a política Galega tamén o estea. | Contamos contigo para Reverdecer o Parlamento Galego nestas eleccións. Unha opción con novas solucións e unha nova forma cooperativa e participativa de facer política. |
Cómo? Podes colaborar na nosa campaña de calquera destas formas: